Ribadeo será sede do Campionato Provincial de Cross Xogade o 13 de decembro

AMariñaXa
A competición celebrarase no Campamento Xuvenil da Devesa e reunirá a deportistas de toda a provincia nun evento que reforza a aposta local polo deporte base
261021-Foto-Concello-Ribadeo
2 Dec 2025

Ribadeo acollerá o vindeiro 13 de decembro o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26, unha cita que reunirá desde as 10:30 horas a centos de mozos e mozas no circuíto habilitado no Campamento Xuvenil da Devesa. O evento está organizado por A.D.E. A Mariña e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e o Club Atletismo Ribadeo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, destacou que Ribadeo continúa consolidándose como lugar de referencia para este tipo de competicións: “Estamos a seguir acollendo probas deportivas que dinamizan as fins de semana, atraen visitantes e teñen un impacto moi positivo na nosa hostalería”. Lembrou ademais que o pasado 29 de novembro xa se disputou unha clasificatoria no mesmo lugar e subliñou a satisfacción do Concello por repetir experiencia: “É unha alegría poder ofrecer estas instalacións e contribuír ao fomento do deporte entre a mocidade”.

Na presentación oficial do campionato participaron o alcalde, Dani Vega; o propio concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o técnico municipal de Deportes, Iván Rodríguez; a presidenta do Club Atletismo Ribadeo, Ana Ferradás; e Rubén García, secretario de A.D.E. A Mariña. Todos coincidiron en sinalar a importancia desta competición para dar visibilidade ao deporte base e reforzar a colaboración entre institucións e entidades deportivas da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.07703685760498