Ribadeo segue en festas ata o día 9

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Sep 2019

Este 6 de setembro, venres, as orquestras Trébol e Nueva Fuerza serán as encargadas de amenizar a festa verbena desde as 22:30 horas nas festas patronais de Ribadeo, cuxo día grande é o 8 de setembro, aínda que rematarán o 9.

O día 7, véspera da Patroa, grandes bombas de palenque anunciarán esta data pola  mañá. Ás 11:30 horas sairán os Cocos e os Cabezudos, acompañados polo grupo Amigos da Gaita. Ás 22:30 haberá verbena con Passarela e La Favorita. E ás doce da noite terá lugar a gran sesión de fogos artificiais no peirao. 

O día grande das festas patronais de Ribadeo será o 8 de setembro, festividade de Santa María do Campo. A xornada arrincará con potentes bombas de palenque. Ás 12 do mediodía na igrexa parroquial será a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, seguida da procesión que estará acompañada pola Banda Municipal de Música ribadense, que despois ofrecerá un concerto diante do Concello. Xa pola noite as orquestras Palladium e Televisión serán as encargadas de poñer a nota musical na verbena. 

E o 9 de setembro será o Día dos Nenos. Durante esa xornada haberá prezos populares nas atraccións das festas. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17235398292542