Ribadeo segue a colaborar co Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas de Galicia
Ribadeo seguirá a colaborar co Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas de Galicia tras o seu paso por Rinlo, onde realizaron revisións gratuítas da vista na xornada de onte. O alcalde, Dani Vega, sinalou que ambas institución queren “realizar unha rolda de revisións visuais no noso o pobo, concretamente en Rinlo, por iso lles damos as grazas, a moitos ópticos e optometristas voluntarios que de forma altruísta, gratuíta, viñeron a Ribadeo e quixeron facer ese consultorio médico local, utilizalo como un gabinete para que todos os ópticos realicen unha convocatoria con todos os veciños e revisar a súa visión”.
Todo este equipamento que estivo na Escola Vella de Rinlo achegou a todos os veciños para facer esas revisións necesarias e “ser ese proxecto piloto do Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas que, de forma voluntaria queren colaborar, neste caso co Concello, e con ese proxecto en Rinlo”. Subliñou que van a “seguir colaborando con eles, vamos seguir facendo actividades deste tipo, que son tan necesarias e tan importantes para as nosas vidas”.