Ribadeo saca a licitación pública o proxecto da senda ciclable
O Concello saca a licitación pública o proxecto para a creación desa senda ciclable de 4 quilómetros de lonxitude que sairá dos Bloques, irá polo paseo marítimo chegando ata a praia de Rocas e logo seguirá por Vilaselán ata atoparse coa estrada da Deputación.
Esta senda ciclable pasará pola beira da parte máis urbana de Ribadeo, desde a praia dos Bloques pasando polo paseo marítimo, subindo pola estrada que vai ao Faro, pasando por diante do Cargadeiro, chegando ata a praia de Rocas, virando polas pistas de Vilaselán ata encontrarse coa estrada da Deputación. É toda unha ruta circular de practicamente 4 quilómetros, onde nus puntos singulares vamos facer un carril bici e onde non poida ser o ancho dabondo tamén vamos aglomerar todo e marcar con sinalización horizontal e vertical; serán espazos nos que a bici vai ter un papel importante.
Para estas obras, de practicamente 320.000 euros, a Deputación aporta 250.000 e os 70.000 restantes o Concello de Ribadeo. A duración prevista é de 4 meses e todas as empresas que estean cualificadas e queiran presentar oferta poden facelo durante 20 días. Toda a información téñena na páxina web do Concello ou na Plataforma de Contratos do Estado.
Dende o Concello agarda que as obras poidan dar comezo en xaneiro e que o carril bici sexa unha realidade na primavera de 2022.