Ribadeo repartirá 300 euros en premios no X Concurso Fotográfico Día do Pai

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os comercios de Ribadeo repartirán 300 euros en premios non X Concurso Fotográfico Día do Pai, que terá lugar do 6 ao 19 de marzo.
107755550_582424625800260_3327994930150262363_o
9 Mar 2020

Os comercios de Ribadeo repartirán 300 euros en premios non X Concurso Fotográfico Día do Pai, que terá lugar do 6 ao 19 de marzo.

Poderase participar en dúas modalidades: redes sociais e vía postal.

Segundo as bases, que se atopan en facebook e na web de Acisa, podese participar enviando a fotografía impresa, ou mediante a web. Os traballos presentados non puideron ser publicados previamente en revistas, xornais, libros ou nas redes e tampouco puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico”.

As fotografías elixidas deben ter unha resolución de 2MPX (1920x1080) para a súa posterior impresión e exposición.

O prazo máximo de envío será ata as 23:59 horas do día 19 marzo, que será cando a App do Facebook deixe de admitir imaxes

Os premios están valorados en vales de compra repartidos en un primeiro de 200 euros e un segundo de 100.

0.097775936126709