Ribadeo rendeulle homenaxe ao Viejo Pancho cunha ofrenda floral

AMariñaXa
Coa lectura de poemas, a música das gaitas de Follas Novas, e as intervencións do alcalde ribadense e do cónsul de Uruguai en Galicia desenvolveuse a ofrenda
ofrenda-Viejo-Pancho
29 Xul 2024

Ribadeo rendeulle homenaxe ao Viejo Pancho cunha ofrenda floral que tivo lugar na Praza de España, a carón do busto do poeta gauchesco uruguaio nado neste concello. Coa lectura de poemas, a música das gaitas de Follas Novas, e as intervencións do alcalde ribadense, Dani Vega, e do cónsul de Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez, desenvolveuse a ofrenda floral na que foron depositadas unha coroa e un ramo de flores. Por parte da Xunta de Galicia asistiu a directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López.

Concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo, así como representantes do mundo da cultura, veciñas e veciños ribadenses seguiron de preto a devandita ofrenda. A continuación tivo lugar unha eucaristía na igrexa parroquial de Ribadeo e despois no Concello a presentación do libro El Viejo Pancho. Antoloxgía poética bilingüe, conintrodución de Gustavo San Román e tradución feita por Daniel Chapela, Belén Senín e Armando Requeixo do Centro Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Cultura.

Así remataron os actos de conmemoración do centenario do pasamento do Viejo Pancho, que deron comezo coa representación de El rigor de las desdichas, juguete cómico en un acto y en verso a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo no auditorio municipal. Trátase dunha obra que foi escrita por El Viejo Pancho en 1878 e impresa na súa propia imprenta. Tamén o Cine Teatro acolleu unha actuación de Toxo Guayaba.

 

0.088027000427246