Ribadeo rendeulle homenaxe a Víctor Moro, fillo predilecto do concello

AMariñaXa
Ribadeo rendeulle homenaxe a Víctor Moro, fillo predilecto deste concello, descubrindo unha placa no porto deportivo
descubrimento-placa-Víctor-Moro
13 Aug 2024

Ribadeo rendeulle homenaxe a Víctor Moro, fillo predilecto deste concello, descubrindo unha placa no porto deportivo. No acto participaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde ribadense, Dani Vega. O rexedor declarou que “con este agradecemento, con este recoñecemento do pobo de Ribadeo a Víctor Moro son de salientar varias cuestións: un pobo que lle agradece a unha persoa que traballou e dedicou parte da súa vida ao pobo de Ribadeo en forma de boa xestión, de forma que impulsou moitas propostas, dende logo é de agradecer”.

O alcalde destacou “a posición que tivo no conxunto do territorio, tanto galego como español, como director en banca, como empresario nesa etapa de Pescanova, tamén como político, deputado en Cortes, todo iso traduciuse en que había un amor incondicional por Ribadeo. Traducíase nun bo facer, nun bo traballo e en boas xestións”.

Vega subliñou que “esta placa quere recoñecer o labor de Víctor Moro e tamén é de destacar que a familia sigue colaborando co pobo de Ribadeo. Polo tanto, nos seus actos como persoas, nas súas entregas a Ribadeo, dende esa filantropía seguen colaborando co pobo de Ribadeo e dende logo nosoutros, creo que todos, eu como alcalde, como responsable, tamén lles dou as grazas por esa colaboración estreita, por esa relación coa familia Víctor Moro e vamos seguir avanzando e colaborando para favorecer a Ribadeo. Evidentemente, e iso é o máis importante”.

Pola súa parte, Rueda salientou a importancia de figuras como Moro, que formou parte da xeración de políticos “que cambiaron a historia do noso país” e puxeron o servizo á terra por riba de calquera outro tipo de interese. Ao mesmo tempo, remarcou o seu papel clave no avance da nosa comunidade, ao ser o primeiro deputado en pedir en sede parlamentaria a Autonomía para Galicia durante a Transición. “Un político dos que desafortunadamente xa van quedando bastantes menos”, concluíu o presidente da Xunta.

Aniversario do Real Club Náutico

O alcalde tamén se referiu ao aniversario do Real Club Náutico de Ribadeo. “Hai que destacar que tivo un período importantísimo de crecemento, de mellora, con todo ese espazo dedicado ao mundo deportivo náutico. Creo que Ribadeo enténdese mellor porque é verdade que o Club Náutico soubo facer as cousas coordinadamente, soubo facer as cousas ben e debemos seguir con esa colaboración dende a institución, dende o Concello, colaborando co Real Club Náutico. É que mellor que en dous eventos deste releve participe o presidente da Xunta”.

Referiuse así ao mandatario autonómico. “Doulle as grazas por acudir a Ribadeo, por estar en Ribadeo e por pensar en Ribadeo. Estar, porque xa é a oitava visita que fai, de modo máis persoal, de modo político, de modo vacacional, e creo que hai que darlle as grazas por acudir a Ribadeo, falar de Ribadeo, falar ben e pensar en Ribadeo”. Na súa intervención, Rueda apuntou ao coidado do patrimonio natural, ao excelente trato a socios e visitantes, á inversión nas súas instalacións e á aposta por un turismo de calidade e responsable como os piares de décadas de éxitos e recoñecementos para o Real Club Náutico.

Nesta liña, sinalou que o bo traballo realizado nestes anos e os méritos acadados converteron ao club nun exemplo a seguir para toda Galicia, contribuíndo á boa imaxe da comunidade. Asistiron ao acto desenvolvido en Ribadeo esta tarde os conselleiros do Mar e Medio Rural, Alfonso Villares e Mª José Gómez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que arrouparon coa súa presenza aos catro fillos de Víctor Moro e aos familiares e amigos que se achegaron ao porto deportivo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18073987960815