Ribadeo rematou a sinalización das denominadas Zonas Cativas
A Concellaría de Obras de Ribadeo rematou a sinalización vertical nas inmediacións dos centros de ensino nas denominadas Zonas Cativas, onde o límite de velocidade será de 20 quilómetros por hora.
Nestas zonas hai unha limitación na velocidade de 20 quilómetros por hora e ven completar o pintado que se fixo fai unhas semanas das rúas do entorno dos colexios para facer un deseño urbano máis accesible, máis amable, sostible e máis centrado nos nenos.
Con estas zonas buscan converter os espazos urbanos que usan os nenosen áreas máis amables a través destas formas e destas cores. Precisamente con esta limitación e con esas formas e con eses cores o que perseguimos é atraer a atención dos condutores para que circulen con especial precaución por estes espazos, debido tamén a ese tránsito de nenos.