Ribadeo recoñece ás mellores obras do II Certame de Fotografía Igualdade: Mulleres que Inspiran

AMariñaXa
O Concello promove a reflexión sobre a igualdade de xénero a través da expresión artística
II-Certame-de-Fotografía-Igualdade--Mulleres-que-Inspiran
27 Mar 2026

O Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), vén de anunciar o fallo do xurado do II Certame de Fotografía Igualdade Ribadeo: Mulleres que Inspiran, unha iniciativa que busca sensibilizar á cidadanía e fomentar o debate sobre a igualdade de xénero mediante a creatividade artística.

O xurado, formado por Elisa Vecino Álvarez e Cris Andina Barcia, profesionais do ámbito artístico, xunto con Patricia Pérez López, psicóloga do CIM, reuniuse o pasado 27 de febreiro para valorar as 17 obras presentadas, seguindo criterios como calidade técnica, creatividade, forza da mensaxe e adecuación á temática do certame.

Tras a deliberación, foron recoñecidas as seguintes obras: na categoría A (menores de idade), “A igualdade tamén se adestra”, de Ainara Vega Monteserín; na categoría B (maiores de idade), “Matriarca”, de Carolina Bouso Díaz; e na categoría C (centros de ensino), “A miña guerreira”, de Pablo Martínez Janeiro, do Colexio Sagrado Corazón de Jesús.

Dende a organización destacan a elevada participación e agradecen a implicación de todos os autores e entidades que fixeron posible esta segunda edición. Nos próximos días darase a coñecer o espazo no que se expondrán as 17 fotografías, permitindo á veciñanza disfrutar das obras e reforzando o papel da arte como ferramenta de transformación social e promoción da igualdade.

0.11798691749573