Ribadeo reclama unha vez máis a baixada de prezos do solo industrial

AMariñaXa
Teñen como obxectivo empresas para o polígono do municipio
xuntanza-polígono-industrial-Ribadeo
23 Xuño 2024

Ribadeo reclama unha vez máis a baixada de prezos do solo industrial co obxectivo de atraer empresas para o polígono. O alcalde, Daniel Vega, lembrou que Ribadeo loita pola baixada de prezos do solo industrial. “Dende o Concello nós fixemos un traballo importante. Vamos seguir traballando e xestionando con Sepes esa boa relación coas administracións, pero pedimos que se dean pasos. O que non podemos estar é agardando, esperando, sempre a que nos dean a noticia e despois nunca chega”.

O rexedor manifestou que agradecen que “os dous deputados do grupo maioritario tanto Jaime De Olano como Paco Conde viñeran a Ribadeo e tamén non soamente facer unha visita e visualizar o polígono industrial, senón para trasladar ao Congreso dos Deputados unha proposta, unha proposición non de lei esixíndolle ao goberno actuar baixando o prezo do solo industrial e así ser un polígono industrial competitivo que dea cabida a empresas, que as empresas vexan como un polo industrial Ribadeo”.

Aseguran que é o que necesitan: “Industria, diversificar a nosa economía e, dende logo, cun prezo axeitado para as empresas no polígono industrial damos un paso moi importante”. Esta proposta aos deputados “non é confrontar, é para propoñer e chegar a un acordo para que Sepes entenda que Ribadeo ten unha proposta seria, en beneficio da actividade económica, e unha proposta para baixar o prezo do solo e así abrir as portas á inversión”.

0.17995285987854