Ribadeo recibe un premio pola súa xestión deportiva

AMariñaXa
Uns galardóns dirixidos aos concellos de menos de 15.000 habitantes e concedidos por Agaxede
221124-Foto-xestión-deportiva-Ribadeo
22 Nov 2024

Ribadeo recibe o premio á xestión deportiva dun Concello de menos de 15.000 habitantes. Os galardóns son concedidos por Agaxede.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “no Concello de Ribadeo apostamos pola colaboración na organización de todo tipo de modalidades deportivas, polo deporte feminino e polo deporte base a carón de todos os clubs locais. Tamén facemos unha importante aposta por acoller competicións a nivel internacional que potencian tamén o turismo deportivo en toda a comarca da Mariña”.

O edil ribadense amosa a súa satisfacción por este galardón: “estamos moi contentos pola concesión deste premio, que é un recoñecemento e un respaldo ao traballo que estamos a realizar desde o Concello de Ribadeo. Quero destacar a importante labor que fai o técnico municipal de Deportes, Iván López, e a súa implicación. Todos traballamos como un mesmo equipo”.

Os XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, de Agaxede, será entregados nunha gala que terá lugar o 13 de decembro no Pazo da Cultura de Carballo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17228817939758