Ribadeo recibe a visita do autobús de RTVE 'Tu futuro se escribe con D'

AMariñaXa
cia Foz CCa organiza unha nova edición do Comercio na Rúa os días 20, 21 e 22 de xullo participan 30 locais
ribadeo 2023 Foto visita autobus RTVE
26 Ago 2023

Ribadeo recibe a visita do autobús de RTVE que leva por toda España a campaña denominada Tu futuro se escribe con D para mellorar as competencias dixitais. Está situado no Parque de San Francisco ata hoxe pola tarde.

O horario de visita é de 12 a 14 horas e de 15.30 a 20.30 horas.

O autobús conta con xogos, como un scape room dixital ou o coñecidísimo xogo da oca, en formato dixital; unha forma de practicar os contidos aprendidos, que se centrarán en utilizar teléfonos móbiles, navegación con mapas, como realizar unha videoconferencia, uso de redes sociais, un robot educativo ou Eva, que é un asistente dixital.

0.13294887542725