Ribadeo recibe a cidadáns de Loctudy, cidade francesa coa que está irmanada

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo recibíu a unha delegación dunha trintena de veciñas e de veciños de Loctudy, poboación da Bretaña francesa coa que está irmandada Ribadeo, que estes días visita a localidade.
Captura de pantalla 2019 09 06 a las 10.22.11
15 sep 2019

O Concello de Ribadeo recibíu a unha delegación dunha trintena de veciñas e de veciños de Loctudy, poboación da Bretaña francesa coa que está irmandada Ribadeo, que estes días visita a localidade. Con eles estiveron no Concello o alcalde, Fernando Suárez, e a edil de Cultura, Pilar Otero. 

O rexedor deulles a benvida “a esta terra irmá. Contamos con ánimos e ilusión renovada para seguir mantendo os vencellos de unión entre os dous pobos irmáns”. 

Suárez Barcia lembrou que “foron moi amables cando nos recibiron hai un ano e agora da man de familias ribadenses, a través desta asociación constituída ao efecto, pretendemos que estes días sexan inesquecibles para todas e todos vostedes aquí en Ribadeo, na Mariña e na Galiza”.

A delegación de Loctudy visita durante a súa estadía en Ribadeo o centro de cultivos mariños, o Real Club Náutico ou a praia das Catedrais, entre outras localizacións. Tamén se desprazan estes días a Viveiro, a Lugo, ao Castro de Viladonga, á Pontenova e a Taramundi. 

 

0.050913095474243