Ribadeo recibe a Bandeira Verde de Galicia polo seu compromiso co medio ambiente

AMariñaXa
O concelleiro Diego Dos Santos recolleu o distintivo nun acto en Mos e destacou que o galardón é un estímulo para seguir protexendo o entorno natural
Ribadeo-bandeira-verde-2025
15 Oct 2025

O Concello de Ribadeo foi distinguido coa Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento que outorga a Xunta aos municipios máis comprometidos coa sostibilidade e a conservación do medio ambiente.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, desprazouse ata o municipio de Mos para participar no acto oficial de entrega, que estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e pola conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez.

Durante o evento, Dos Santos subliñou que “este galardón é un recoñecemento ao traballo realizado nos últimos anos por parte do Concello, das entidades colaboradoras e tamén da veciñanza, que demostra día a día o seu compromiso co coidado do entorno”. Engadiu ademais que a Bandeira Verde “é un aliciente para continuar avanzando cara a un modelo de desenvolvemento local máis sostible, baseado no respecto á natureza e na mellora da calidade de vida”.

Con esta distinción, Ribadeo consolídase como un referente ambiental en Galicia, grazas a políticas activas en materia de reciclaxe, eficiencia enerxética, xestión de residuos e conservación do patrimonio natural. O Concello reafirma así a súa aposta por un futuro máis verde, equilibrado e responsable co planeta.

⚙ Configurar cookies
0.070530891418457