Ribadeo recibe 115.000 euros para o centro de xestión da Área Rexurbe
O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Xunta para impulsar a Área Rexurbe de Ribadeo. O rexedor reuniuse en Santiago coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez. Para o alcalde ribadense “a Xunta sabe que os concellos, e concretamente Ribadeo, necesitan orzamento para seguir avanzando”. Polo tanto o financiamento axuda a “a impulsar, a dinamizar e a seguir avanzando no casco histórico”.
E engadiu que van a seguir traballando conxuntamente, “de forma leal e impulsar o casco que queremos todos”. Ribadeo recibirá arredor de 115.000 euros para o desenvolvemento dun centro de xestión da Área Rexurbe durante os anos 2024, 2025 e 2026. Así foi aprobado no Consello da Xunta. O alcalde de Ribadeo e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas asinaron o convenio, tal e como explicou a propia María Martínez.