O Concello de Ribadeo reforzará as súas demandas de financiamento para abordar a mellora do abastecemento de auga na vila e en Rinlo, segundo anunciou o alcalde, Dani Vega. O rexedor sinalou que esta é unha das prioridades do goberno municipal, destacando a necesidade de renovar por completo a rede de subministro, que está obsoleta e sofre avarías constantes. Durante o último pleno, Dani Vega explicou que xa se contabilizan máis de 38 roturas na tubaxe de fibrocemento este ano.
“Non se trata dun problema de recursos hídricos, senón dunhas infraestruturas que están en mal estado. É imposible asumir por completo a inversión por parte do Concello, o que necesitamos é que nos apoien as administracións. Esta moción é dirixida á Xunta de Galicia e á Deputación. E eu espero que nos orzamentos do 2025, que todas as administracións vamos planificando, a Deputación contemple unha partida concreta e a Xunta de Galicia tamén.”, subliñou o alcalde. Ademais do abastecemento, o goberno local planifica actuacións nas rúas da vila e de Rinlo, especialmente na rúa da Paz, San Francisco, Vilalba, o Barrio da Torre e Alza-San Lázaro.
Tamén anunciou melloras nas instalacións deportivas, como no pavillón de Alfredo Deaño, que presenta numerosas deficiencias. Vega agradeceu o traballo das entidades deportivas, indicando que se necesitará o apoio das administracións para financiar un novo campo de herba artificial. "Por exemplo, pavillón que está situado na Rúa Alfredo Deaño hai máis caldeiros que en todo o Ribadeo xunto. Creo que é hora de investir, non se pode seguir falando, falando, falando e non facer absolutamente nada. Polo tanto, unha partida presupuestaria xa aprobamos para iniciar os traballos. Tamén mellorar o acceso do Pepe Barrera ou actuar dunha vez por todas no pavillón de Cubelas e nun novo campo de herba artificial".
Neste sento, pide que a Xunta e a Deputación "aporte o 40 % para cada unha s e a Xunta o restante, e nós tamén temos un compromiso orzamentario”. O alcalde avanzou que se realizarán investimentos no auditorio e na praza de abastos. "Aquí aportamos 30.000 euros para o proxecto. É verdade que xa temos unha subvención aprobada de máis de 20.000 euros, e tamén investir para mellorar o alumeado público tanto de Ribadeo como das parroquias”. “Debemos seguir xestionando e traballando para que Ribadeo avance, sempre con rigor orzamentario e colaboración interadministrativa”, concluíu Vega.