Ribadeo prepárase para a segunda edición do Vendaval Fest

AMariñaXa
Volve a cita con concertos, foodtrucks, acampada gratuíta, sesión vermú e mercado de artesáns na Praza do Cantón
Vendaval-ribadeo-2024
23 Xul 2024

Volve a Ribadeo o Vendaval Fest esta fin de semana con concertos, foodtrucks, acampada gratuíta, sesión vermú e mercado de artesáns na Praza do Cantón o sábado e sesión vermú na Praza de Abastos o domingo. Estarán Super Glú, The Nineties Rock The Machine, Deejay Trolla, The Remakers, Superfuzz, Los John Deeres, Baja California e Corazones Eléctricos.

Tamén se subirán ao escenario La Fuga, Familia Caamagno e Dixebra. A apertura de portas para ambas xornadas terá lugar ás 19.30 horas e os concertos darán comezo ás 20.30 horas. Esta cita musical ribadense contou nas súa primeira edición cos concertos de Heredeiros da Crus, Gansos Rosas (Grupo tributo a Guns N´ Roses), La Tarrancha, Beetle Judge, Ritmo Vudú e La Duendeneta.

0.19045901298523