Ribadeo prepara diversas actividades durante a fin de semana do Orgullo LGTBI
A Concellería de Igualdade, Ensino e Mocidade de Ribadeo organiza, en colaboración co colectivo As Vacas Fracas, unha serie de actividades lúdicas para conmemorar e reivindicar o próximo 28 de xuño, o día do Orgullo LGTBI.
O programa de actos iníciase o sábado 25 de xuño, cun mural e obradoiro de grafitis e técnicas mixtas, no pavillón municipal ás 17.00 horas co colectivo As Vacas Fracas.
Continuará o domingo 26 cun ciclo de cine no que se proxectará o filme Carmen y Lola ás 20.00 horas no teatro, e o luns á mesma hora Sedimentos.
O luns 27 haberá un obradoiro infantil de técnicas mixtas no parque de San Francisco ás 17.00 horas dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos.
Na xornada do martes será a presentación do mural creado o sábado polos asistentes ao obradoiro ás 19.30 horas no pavillón.