Ribadeo pon en marcha unha oficina cl@ve

AMariñaXa
Ribadeo convértese nun referente na Mariña lucense e no Occidente asturiano coa posta en marcha dunha oficina cl@ve para a obtención do certificado dixital
concello-de-Ribadeo-vista-2
23 Out 2024

Ribadeo convértese nun referente na Mariña lucense e no Occidente asturiano coa posta en marcha dunha oficina cl@ve para a obtención do certificado dixital. O alcalde, Dani Vega, subliñou que se trata aposta pola modernización do Concello, que evitará desprazamentos innecesarios á veciñanza. O rexedor considera que “seguimos modernizando o Concello e por iso queremos habilitar unha oficina clave como complemento á creación dunha identidade dixital. Destacar que xa van máis de mil citas atendidas para a obtención dun certificado dixital. Isto antes non se facía en Ribadeo, había que acudir a outras administracións e agora sí. Así damos un salto cualitativo para a modernización en materia dixital do noso Concello”.

As persoas que precisen obter o certificado dixital poden acudir con cita ás instalacións municipais e, nese marco do compromiso continuo coa modernización, a mellora dos servizos públicos, o Concello de Ribadeo reafirma un apoio total á cidadanía na adopción de ferramentas dixitais que simplifiquen e axilicen os trámites administrativos. "Por iso, habilitamos esta oficina dixital, esta oficina de rexistro clave para esa identidade dixital. Este é un paso clave dentro dunha estratexia de modernización, tamén do noso Concello. Hai que camiñar na liña da inversión, da xestión, pero tamén da modernización das administracións e neste caso do Concello”.

Asegura que o Concello nestes momentos está facendo un esforzo para asesorar, para que todo o mundo poida ter este rexistro clave e non teña que ir a outros municipios ou a outras administracións para conseguir ese rexistro. Calquera persoa que queira vir pode pedir cita de forma presencial ou tamén xa na nosa páxina web e aí xa vai poder conseguir
esa cita e vai ser atendido e asesorado para ter ese certificado dixital para que poida facer todo tipo de trámite coas administracións.

0.097628116607666