Ribadeo pecha os parques e cancela o mercado semanal
AMariñaXa
Desde o Concello pídese "precaución á veciñanza durante as vindeiras horas, evitando achegarse aos cantís e paseos marítimos"
9 Out 2024
Ante a alerta laranxa por forte temporal que lle afectará á comarca nas vindeiras horas, o Concello de Ribadeo decidiu suspender o mercado semanal este mércores. Quedan pechados tamén todos os parques públicos e suspendidas as actividades previstas no exterior. Desde o Concello pídese "precaución á veciñanza durante as vindeiras horas, evitando achegarse aos cantís e paseos marítimos". Á vez que recomendan retirar "as macetas ou outros obxectos ornamentais dos balcóns e ventás".