Ribadeo ofrece sesións de contacontos antes de rematar o mes con El Brujo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
18 sep 2019

Coa resaca aínda das festas patronais ribadenses do 8 de setembro, Ribadeo rematará o mes con varias ofertas culturais, comezando o día 20 polos contacontos de Caxoto, titulados 'Contos para escoitar mentres bailamos un valse'. A actividade enmárcase na campaña Ler conta moito e terá lugar o día 20, ás 11.30 horas na biblioteca municipal El Viejo Pancho.

O domingo 22, ás 20 horas, o auditorio municipal de Ribadeo albergará un espectáculo co Teatro del Cuervo.

O martes 24, ás 11.30 horas, a biblioteca ribadense volverá acoller outra función, esta vez do programa Apego, para os bebés, cunha obra de Trinke Trinke Teatro, titulada 'O ratiño presumido', tamén enmarcada no programa Ler conta moito.

O día 25, ás 17.30, na biblioteca e grazas tamén ao programa Apego, será Pedro Brandariz o que narre 'Os contos do Grúfalo' e o 27, Ian e Elisa falarán sobre 'Somos iguais na maxia'.

O programa cultural pecharase o 29, ás 20 horas no auditorio, con El Brujo e a súa 'Autobiografía de un yogui'.

0.19285202026367