Ribadeo oferta 40 empregos para reforzar o persoal durante o verán
O Concello de Ribadeo quere reforzar o persoal de cara á tempada estival, por iso oferta 40 os empregos, entre os que se atopan guías turísticos, socorristas, técnicos sanitarios e operarios de medio ambiente.
Son postos de guías turísticos, socorristas, técnicos sanitarios e operarios de medio ambiente para a limpeza de baños, de praias e de rúas. Ademais destes postos de traballo para o verán, tamén están cos prazos abertos para outros como interinidades para celador de inmobles escolares ou avogada do Centro de Información á Muller.
Por outra banda, en poucos días, ofreceranse varias prazas do programa Depuemprega, este programa entre o Concello e a Deputación de Lugo, para prazas de seis meses en dinamización económica, técnico de medio rural, auxiliar electricista e peóns de medio ambiente.
As prazas ofertadas son 1 chófer de medio ambiente, 1 celador de inmobles escolares, 5 guías/informadores turísticos, 2 peóns de medio ambiente e servizos múltiples, 9 operarios de medio ambiente, 1 avogada/o para o CIM, 18 socorristas, 3 técnicos sanitarios, 1 técnico de dinamización económica, 2 peóns de medio ambiente, 1 técnico de medio rural e 1 auxiliar electricista.