Ribadeo Nos Une está a manter reunións cos distintos colectivos

TerraChaXa | AMariñaXa
28 Feb 2019

Membros da candidatura independente Ribadeo Nos Une, encabezada por Ramón Acuña, están mantendo reunións con colectivos do municipio nas que lles reclaman máis aparcamentos, melloras no tráfico e nos alumeados públicos, entre outras peticións.
Ata o momento son seis as reunións celebradas e continuarán realizando máis nos próximos días. Ramón Acuña explica que "unha das premisas que tivo desde o principio Ribadeo Nos Une é que necesitabamos facer un programa que fose realizable e constructivo. Dentro desa liña levamos xa uns días mantendo reunións con distintos colectivos e, curiosamente, estamos coincidindo plenamente con eles naquela primeira idea que tiña Ribadeo Nos Une en canto a carencias e necesidades do municipio".
Acuña engade que "todo aquilo que nós suscitamos no seu día, na nosa presentación, como pode ser o tema aparcamentos, circulación, as relacións institucionais que se deben manter, os alumeados públicos ou a problemática que se está xerando en canto aos atropelos, por exemplo, que é unha unha cousa tan sinxela. É dicir en todas estas cuestións, que no seu día nós xa levabamos como un inicio de programa, aquilo que nós plasmamos o día que fixemos a presentación, estamos coincidindo plenamente con todos estes colectivos. Isto quere dicir que estamos na liña de que Ribadeo necesita rexenerar, como pode ser a mocidade, o emprego, a circulación, o plan urbán; e non nos esquezamos de algo moi importante como un plan de tráfico coherente para Ribadeo, para que os que nos visitan non se marchen, que se queden aquí. Tamén ter uns aparcamientos que sexan o suficientemente amplos para que a xente chegue a Ribadeo e poida estar sen ningún problema".
O candidato á Alcaldía de Ribadeo Nos Une destacou que "para nós é moi significativo o que está pasando con estas reunións. Habemos ter un encontro con ACISA, porque é unha entidade moi importante no noso municipio. A maiores habemos ter tamén encontros con hosteleros. cremos oportuno facer reunións sectoriales, tanto co comercio como coa parte de hostelería, porque cada un na súa zona ten unha problemática distinta, pois non é o mesmo a que poden ter os hosteleros da zona do porto cos do centro da vila. Nese sentido fixemos unha planificación para ir aos poucos diferenciando aquelas zonas e vendo a problemática que hai nesas rúas nas que os hosteleros e os comerciantes teñen os seus negocios para poder dar unha resposta planificada á zona na que están".

0.14157700538635