Ribadeo licita por máis de 300.000 euros a xestión do punto limpo, do plástico e do cartón

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello ven de sacar a licitación o contrato de servizos para a xestión do punto limpo, a recollida de envases lixeiros, do cartón porta a porta e do cartón dos contedores azuis.
magosto2019
10 Sep 2019

O Concello ven de sacar a licitación o contrato de servizos para a xestión do punto limpo, a recollida de envases lixeiros, do cartón porta a porta e do cartón dos contedores azuis. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 3 de outubro. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, agarda que todo o proceso estea rematado para finais do presente ano.

O edil anunciou que “ven de saír na plataforma de contratos do Estado, un contrato de servizos que estamos a sacar que é o referido á xestión do punto limpo, a recollida de envases lixeiros, a recollida porta a porta do cartón e do cartón dos contedores azuis”.

Jorge Díaz Freije explicou que “ten un valor estimado de 331.939 euros e unha duración de catro anos, con posibilidade dunha prórroga dun ano. Calquera empresa que estea interesa ten un prazo de 35 días, ata o 3 de outubro, mediante a licitación electrónica para presentar toda a documentación na plataforma de contratos do Estado”.

O concelleiro ribadense declarou que “despois de moitos meses de traballo sobre este contrato ao final sae agora. Esperemos que vaia todo ben e, nestes prazos, a finais de ano contamos que estea todo outra vez funcionando con normalidade e cunha lóxica de xestión positiva para Ribadeo. Quero animar ás empresas a que se presenten e aporten a documentación de xeito electrónico”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19125485420227