Ribadeo inaugura a súa Feira do Libro

AMariñaXa
O creador e poeta Quique Roxíos non puido acudir a ler o seu pregón e foi o ribadense Anxo Martíns o encargado de poñerlle voz ao texto
feira_do_libro_ribadeo
Comezo da nova edición da Feira do Libro
25 Maio 2024

Co pregón deu comezo esta tarde a décima edición da feira do libro Letras no Campo. O creador e poeta Quique Roxíos non puido acudir a ler o seu pregón, por motivos persoais graves. Foi o ribadense Anxo Martíns o encargado de poñerlle voz ao texto escrito polo autor de Boal distinguido polo seu compromiso coa fala do Eo-Navia.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, abriu o acto, fixo unha semblanza de Quique Roxíos e disculpou a súa ausencia. Letras no Campo seguirá ata o domingo no Campo de San Francisco con diversas actividades, como presentacións de libros, concertos, exposicións e outros actos para todos os públicos.

0.14286398887634