Ribadeo, finalista como un dos pobos máis queridos no concurso de Adamo
Preto de 100 municipios galegos participan en O pobo máis amado, o concurso de Adamo para poñer en valor a vida rural e con Ribadeo como finalista.
Adamo convocou un concurso o pasado decembro para descubrir cal é o pobo máis amado do país. Non se trata de, efectivamente, dar coa localidade cuxos habitantes teñan maior sentimento pola mesma. O obxectivo real desta iniciativa é lembrar e destacar as virtudes das formas de vida que se desenvolven no mundo rural. Ribadeo é unha das vilas finalistas.
O certame está a resultar un éxito, xa que foron presentadas ata 1.163 candidaturas a través dunhas votacións en liña que concluíron o pasado 14 de febreiro. Delas, ata 98 proceden de Galicia. É preciso destacar que os habitantes do municipio que resulte vencedor -farase público o 8 de marzo- beneficiaranse dunha oferta exclusiva, así como o seu Concello terá un ano gratis de conexión a Internet.
Ribadeo, finalista
Xa se coñecen, iso si, os finalistas do certame. Trátase del Puente del Arzobispo (Toledo), Cintruénigo (Navarra), Ribadeo (Lugo), Maçanet da Selva (Xirona) e Ullastrell (Barcelona). Unha delas será a poboación máis amada e Adamo fará posible que se converta tamén na mellor conectada a través da fibra óptica máis rápida que existe a día de hoxe no mercado (1.000 Mbps).
Os propios veciños dos pobos, así como simpatizantes destes, puideron enviar fotos de lugares emblemáticos, bonitos ou con algunha significación. Calquera imaxe, de feito, que sirva para ilustrar a beleza de cada sitio, a forma de vivir, a historia, a gastronomía, etc. Tamén nos fixeron chegar comentarios e vídeos con testemuños relatando por que cren que o municipio en cuestión é o máis querido.
COVID-19
Ademais de poñer en valor as formas de vida nas áreas rurais, o propósito de fondo deste concurso, así como da actividade en xeral da empresa, é dar cobertura aos profundos cambios vitais, sociolóxicos, sanitarios, sociais e laborais que xa son unha realidade tras a irrupción do coronavirus. Desde o cambio de domicilio a municipios con menos poboación e as citas médicas por Internet, pasando polos xa imprescindibles teletraballo e formación en remoto, ata o comercio e o lecer en liña.
Esa volta ás orixes ha de ir acompañada dunha igualdade de oportunidades -tamén tecnolóxicas e de telecomunicacións- para o ámbito rural en relación ás contornas urbanas. Para iso, resulta clave que a fibra óptica chegue a todos os recunchos e ás zonas desconectadas.
Apoio de Jesús Quella
Finalmente, cabe subliñar que Jesús Quella, o popular presentador de televisión, está a colaborar na procura dese municipio tan especial. O tamén embaixador de Adamo visitará a localidade gañadora tras darse a coñecer o nome da mesma.