Ribadeo festexa este domingo o Pemento Fest con degustacións gratuítas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Sep 2019

O 22 de setembro terá lugar unha nova edición do Pemento Fest, dentro do Mercado dos Domingos de Ribadeo. Haberá mostra de pementos e degustación, unha charla sobre este produto e tamén música. Un dos protagonistas será o pemento de Piñeira. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “como cada setembro, chega a tempada dos pementos e o Mercado dos Domingos quere dedicar un día especial a este produto tan característico da nosa zona, onde salienta o pemento de Piñeira”. 

O edil ribadense explicou que “para elo vaise celebrar unha nova edición do Pemento Fest o vindeiro domingo, 22 de setembro, de 9 a 14 horas, no Mercado dos Domingos, que é  o noso espazo de consumo local. Este Pemento Fest, ademais de incluír o xa habitual mercado de produtores e produtoras locais, tamén contará cunha mostra de pementos”. 

Pablo Vizoso contou que “ás 11 da mañá está previsto, no que denominamos Experiencias do mercado, un espazo dirixido a divulgar experiencias aplicadas ao medio rural, a sostibilidade e a concienciación do consumo de proximidade e responsable, unha charla – coloquio que nos achegará ao mundo do pemento e das posibilidades ao longo da súa vida, a charla correrá a cargo de Rosendo Estevez, mestre de agricultura sostible e de xardíns. E ás 12:30 o grupo de mulleres de falapandeireta Ericas e Peluxías ofrecerán unha actuación nas inmediacións da praza de abastos”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local convida a acudir a Ribadeo a gozar do Pemento Fest. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17387104034424