Ribadeo fará obras de mellora na rúa Xusto Barreiro e no barrio de San Miguel

AMariñaXa
Ribadeo fará obras de mellora na rúa Xusto Barreiro no barrio de San Miguel e nos vieiros transversais desa zona. 
grupo justo barreiro barrio san miguel ribadeo
10 Feb 2022

O Concello acometerá obras de mellora na rúa Xusto Barreiro, no barrio de San Miguel e nos vieiros transversais desa zona. 

Estas obras dan continuidade ás iniciadas, xa fai uns meses, na parte norte deste barrio de San Miguel e dan resposta á demanda da veciñanza para o acondicionamento desta zona da vila. É unha zona esquecida durante décadas polo Concello e agora queren poñela en valor co seu acondicionamento e coa súa humanización.

Nesta actuación executarase a dotación dun novo pavimento de aglomerado asfáltico xunto coa reparación dos tramos de beirarrúa que están deteriorados, facendo especial fincapé na eliminación das barreiras arquitectónicas para mellorar a accesibilidade da veciñanza. Tamén procederase ao pintado dos bordes e prazas de aparcamento, á sinalización horizontal e vertical e tamén á dotación de mobiliario urbano como bancos, papeleiras e árbores.

A inversión, que supón 48.300 euros de orzamento, é financiada integramente polo Concello de Ribadeo a través de fondos propios. O período máximo de execución será de dous meses e temos a previsión de que as obras comecen para a semana que ven. 

0.19964981079102