Ribadeo estrea unha biblioteca indiana no Círculo Habanero da Devesa
Ribadeo contará cunha biblioteca indiana no Círculo Habanero da Devesa. Así o anunciou o alcalde, Dani Vega, que visitou a instalación acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. “A Xunta de Galicia vai investir preto de 18.000 euros para transformar unha das escolas situadas no entorno do Círculo de Habanero nunha biblioteca indiana”, asegurou o rexedor.
Pouco a pouco “vamos mellorando todas as instalacións deste centro que ten unha clara vocación, que é a formación e é a divulgación. Así o deixaron escrito moitos indianos que viñan de volta á nosa terra e que querían que na parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo, existira un centro onde conservar un legado cultural, un legado indiano”. Deste xeito, defenden que o Círculo Habanero “é un centro cultural que debemos conservar”.
Vega agradeceu á dirección, á asociación que coordina este centro, “porque están tendo unha responsabilidade máxima que é conservar un legado cultural e tamén un patrimonio que nos foi regalado a Ribadeo, á Devesa, e debemos conservar entre todos. Polo tanto, converter unha vella escola que non tiña moita utilidade nunha biblioteca indiana, onde permaneza un legado cultural, un legado indiano tamén un centro de información, de divulgación de todo ese legado indiano, eu creo que é interesantísimo e debemos traballar conxuntamente”.
O alcalde explicou que a Xunta de Galicia está colaborando e que está a “retirar toda a madeira vella do teito, sacouse todo e se está incorporando a nova madeira para ter un teito conservado e que tamén estea nunhas boas condición”. Tamén se van incorporar toda unha serie de mobles: atril para os libros, mesa de lectura, con lámpadas tamén de lectura, sillas, bancos, é dicir todos os elementos fundamentais e necesarios para que verdadeiramente exista no Círculo Habanero unha biblioteca indiana. “Toda esta inversión o que quere é seguir mellorando o Círculo Habanero que queremos, que nos deixaron. E nós temos a responsabilidade de conservar, coidar e investir, que é para o que están as administracións”.