Ribadeo estrea obradoiros de teatro, musicoterapia e de habilidades cognitivas
Durante o mes de maio, Ribadeo celebra diversos obradoiros e formacións dos Programas de Promoción da Participación Social, que organizan a Fundación Impulsarse, o Concello e a Xunta. Baixo a denominación de Maiores, vida compartida serán impartidos obradoiros de teatro, risoterapia, musicoterapia e tamén habilidades cognitivas.
Somos migracións é o título das formacións en competencias oral en galego e en castelán, que tamén se ofrecerán durante o mes de maio. Ao igual que as formación Rus-Tics en trámites e xestións persoais por internet e e-administración e curso básico de internet e aplicacións co móbil.
As persoas interesadas en participar poden dirixirse á Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia ata o vindeiro 2 de maio, como data límite, a través dos seguintes teléfonos: 698 127 315 ou 982 120 808. Trátase de propostas dirixidas a persoas a partir de 50 anos. “Son variadas desde obradoiros ata diferentes tipos de formacións, que esperamos que sexan do interese das veciñas e dos veciños”, explica Elena Sierra, a concelleira de Benestar Social.
A concelleira, o alcalde, Dani Vega, e o traballador social municipal, José Luis Gegunde, mantiveron un encontro coas responsables da Fundación Impulsarse para abordar a posta en marcha de todas estas actividades en Ribadeo.