Ribadeo entregou os premios do certame xuvenil literario e de artes plásticas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 Aug 2019

O Concello de Ribadeo entregou os seus premios ás gañadoras do III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas. Establecéronse tres modalidades: relato curto, poesía e debuxo, cun premio de 500 euros para cada unha delas. Laura Requejo foi a gañadora en debuxo e Carme Rodríguez en poesía, quedando deserta a categoría de relato curto.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “para min é un pracer poder entregar este premio. Este certame está pensado para atender a ese sector que normalmente non está tan atendido ao longo do ano, e para darlle oportunidade á mocidade de que siga creando e mostrando a súa arte. Temos con nós hoxe a Laura Requejo López que foi quen levou o premio na categoría de obra plástica, e a Carme Rodríguez Rodríguez que recibiu o premio na categoría de poesía. Quedou deserto o de relato curto. É un premio que consideramos que pode ser digno, pode ser mellor, pero é para animar á mocidade a seguir creando”. 

A edil ribadense salientou que “estes traballos non quedan pechados nun caixón senón que lles damos un valor, e intentamos visibilizalos e que saian adiante. De feito utilizamos o debuxo de Laura, que gañou xa no anterior certame, para a axenda cultural e tamén uns versos de Carme, entón non quedan esquecidos estes traballos e paréceme interesante. Quero animar a toda a mocidade a que siga participando neste certame”.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13759112358093