Ribadeo engade a 35 persoas para a campaña de verán

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo contratou a 35 persoas para a campaña de verán para socorrismo e atención sanitaria nas praias
praia os castro illas ribadeo
1 Xul 2021

O Concello de Ribadeo contratou a 35 persoas para a campaña de verán para socorrismo e atención sanitaria nas praias, información turística, limpeza urbana e de praias e extinción de incendios. O investimento ascende a 180.000 euros.

Logo de varios procesos selectivos foron contratados 35 persoas para desempeñar as tarefas estivais de socorrismo, de atención sanitaria, de información turística, de reforzo de limpeza urbana, de praias tamén, así como o reforzo de persoal para extinción de incendios. Estas prazas 35 prazas, son a suma dos 13 socorristas, 3 técnicos sanitarios, 7 informadores turísticos, 9 operarios de medio ambiente e 3 operarios de motobomba. 

Dende o Concello manifestaron que “temos todo preparado para iniciar unha campaña de verán ilusionante, como todas as que levamos feito, pero desta volta con toda a ambición e con toda a intención de que vaia indo todo ben. Sabemos que a situación sanitaria non é mala e, aínda cos grandes eventos de masas cancelados, imos seguir recibindo moita xente este verán”.

Engadiron que “sabemos que o sector servizos o está a facer moi ben. Está habendo moitas reservas e respírase un ambiente de optimismo contido e desde o Concello estamos poñendo tamén todo da nosa parte para ter un verán ordenado, limpo e seguro,”. 

0.10667300224304