Ribadeo dispón dunha TPV para pagar taxas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo facilita a realización do pago de diversas taxas municipais ao habilitar nas súas dependencias un dispositivo TPV.
1 Out 2019

O Concello de Ribadeo facilita a realización do pago de diversas taxas municipais ao habilitar nas súas dependencias un dispositivo TPV. 

O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, explica que “dese modo os cidadáns que se despracen ao Concello xa poden efectuar o pago das taxas, nos mesmos conceptos que se viña facendo, mediante tarxeta e non só en efectivo, como sucedía ata agora”. 

O edil ribadense subliña que “coa implantación do TPV o Concello de Ribadeo avanza na modernización da xestión administrativa”.

0.18940806388855