Ribadeo destinará 370.000 euros ao arranxo da estrada local da costa

AMariñaXa
O alcalde, Dani Vega, asegurou que estaba totalmente abandonada e que os traballos darán comezo despois do verán
foto-estrada-costa-ribadeo
8 Xul 2024

O Concello de Ribadeo destinará 370.000 euros ao arranxo da estrada local da costa. O alcalde, Dani Vega, asegurou que estaba totalmente abandonada e que os traballos darán comezo despois do verán. O rexedor subliñou que “vamos investir 370.000 euros na estrada da costa. Somos conscientes do seu estado, sabemos que é unha estrada moi transitada, moi usada, anos e anos de abandono, nos que non se investiu absolutamente nada e agora vamos tomar esa decisión de investir”.

As obras comezarán despois do verán. “Non podemos antes, porque primeiro téñennos que aprobar o Plan Único por parte da Deputación e a partires de aí licitaremos e investiremos eses 370.000 euros”. Para Vega “esta é unha decisión acertada porque hai unha necesidade e neste escaso período que levamos no goberno, un ano, xa tomamos esta decisión de investir nunha estrada que evidentemente é moi usada porque vertebra todas as parroquias, porque ten unha comunicación tamén por toda a costa altamente turística esa zona.

O alcalde considera que “tamén necesita unha anchura ese pavimento, vai ter 5,50 metros de ancho e a partires de setembro xa empezarán as obras a través do Plan Único da Deputación. Polo tanto, unha estrada que ten un deterioro de anos e anos e que neste ano será resolto”.

0.19731187820435