Ribadeo destina 40.000 euros á recuperación do Parque de San Miguel

AMariñaXa
O equipo de goberno xestionou 1,8 millóns de euros de investimento da Xunta nun ano
concello-de-Ribadeo-vista-2
12 Aug 2024

O equipo de goberno de Ribadeo xestionou 1,8 millóns de euros de investimento da Xunta de Galicia no municipio nun ano. “Facendo un balance deste ano, o que queremos destacar é que foi un período de traballo, de xestión para investir no noso pobo. Nestes momentos podemos dicir que a Xunta de Galicia investiu en Ribadeo 1,8 millóns de euros. Iso é grazas a unha xestión, grazas a un traballo que desde logo todo o goberno e todo o Concello está conseguindo todos os días”, explicou o alcalde

O rexedor sinalou “o importante é esa colaboración entre as administracións. Nosoutros témonos que entender coa Deputación, coa Xunta, co Goberno do Estado. Nós non miramos a ideoloxía, senón que o que entendemos é que as administracións teñen a obriga de investir neste caso en Ribadeo. E esa é a miña obriga e a obriga de todo o Concello”.

Vega explicou onde se está a traballar. Por exemplo, na residencia hospital asilo “con ese convenio que se firmou fai poucos días de 700.000 euros, ou no centro de día 67.000 euros, ou 80.000 euros para a Escola de Música para renovar as ventás e instalar un ascensor, ou na recuperación dos areais, tamén dos espazos verdes como é O Cargadeiro 70.000 euros. Tamén destacou o traballo nos espazos verdes en puntos importantes en Ribadeo, “como pode ser Santa Cruz, cunha colaboración de Seaga da Xunta de Galicia de 20.000 euros, ou nese traballo que estamos a facendo no Plan Avanza Rural, onde estamos investindo, e imos empezar o luns, 19 de agosto, con 315.000 euros en camiños de aglomerado”.

Por outra banda, defender a recuperación das fontes que “levaban moito tempo abandonadas e querémoslle chamar a ese proxecto Fontes Vivas cunha colaboración económica de 20.000 euros ou 50.000 euros nos arranxos dos camiños que levan anos abandonados e tíñamos que limpalos porque había unha demanda por parte dos veciños”. Lembrou tamén as actividades de Benestar Social como as de Preto de Ti, cun convenio de 50.000 euros, ou as actividades “que estamos vendo nas parroquias ou na vila, 100.000 euros por parte da Xunta de Galicia, concretamente de Familia, da Dirección Xeral de Xuventude”.

Vega ademais anunciou que empezarán coa recuperación do Parque de San Miguel cunha partida orzamentaria de 40.000 euros e o dragado de ría, que son 2 millóns de euros. “Son moitas cifras, suman todas 1,8 millóns de euros, e polo tanto estamos a falar dunha xestión, dun traballo que se vai concretando no día a día, porque se ve nas actividades, vense as obras, é dicir hai un traballo detrás”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17352914810181