Ribadeo dará comezo unha campaña de recollida de plásticos agrícolas
O Concello de Ribadeo dará comezo unha campaña de recollida de plásticos agrícolas porta a porta a partir do 23 de setembro. Este servizo, contratado á empresa Ascan Servicios Urbanos S.L., prolongarase ata que se atendan todas as solicitudes recibidas dentro do prazo establecido.
O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explicou que as explotacións que necesiten este servizo deberán preparar os plásticos nun lugar adecuado e de fácil acceso para o camión de recollida. As peticións deberán realizarse a través do teléfono do Punto Limpo municipal, no 664 00 09 32, dentro do horario de atención: de luns a venres de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.30 horas, e os sábados de 9.00 a 13.00 horas. O prazo para solicitar a recollida remata o 20 de setembro. Dos Santos tamén pediu a máxima colaboración por parte dos agricultores para garantir que o servizo se preste nas mellores condicións posibles, destacando a importancia de dispor correctamente os plásticos no lugar de recollida.