Ribadeo dará comezo á campaña de recollida de plásticos agrícolas o 3 marzo

AMariñaXa
Todas as explotacións que precisen a recollida deberán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible
concello-de-Ribadeo-vista-2
27 Feb 2025

A recollida de plásticos agrícolas porta a porta en Ribadeo dará comezo do vindeiro 3 de marzo.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, sinala que “este servizo prolongarase durante os días que sexan necesarios para atender todos os avisos de recibidos en tempo e forma”.

O edil ribadense explica que “para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, todas as explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e solicitarano a través do teléfono do Punto Limpo municipal que é o 664 000 932, dentro do seu horario, isto é de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 18:30 e os sábados de 9 a 13 horas, ata o venres 28 de febreiro”.

Dos Santos engade: “dende a Área de Medio Ambiente do agradeceríamos a máxima colaboración posible con este servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida”.

⚙ Configurar cookies
0.12547993659973