Ribadeo dá a coñecer as tapas gañadoras do seu concurso

AMariñaXa
A Sardiña mariñada en ceviche de froitas do Parador de Turismo é a tapa gañadora do XVIII Ribadeo de Tapeo, que rematou onte.
ribadeo de tapeo
29 Abr 2024

A Sardiña mariñada en ceviche de froitas do Parador de Turismo é a tapa gañadora do XVIII Ribadeo de Tapeo, que rematou onte. O xurado profesional decidiu que o segundo premio fose para o Choco ilustrado do Ramonita e o terceiro premio recaeu en El Oviedo pola súa elaboración Terra, mar e lume, que tamén foi elixida como a tapa máis sostible.

Ribadeo de Tapeo, por décimo octavo ano consecutivo, puxo o broche final a 9 días de cociña en miniatura. “Desde a organización queremos agradecer especialmente a eses 24 establecementos participantes polo seu esforzo e traballo durante todo o evento, porque realmente son eles os que propician o éxito desta iniciativa xunto co público”, dixo a concelleira de Turismo, Marta Saiz.

Foron moitas as persoas que decidiron saír a rúa e probar algunha das especialidades presentadas, polo que cren que o evento tivo moi boa acollida, dadas as moitas tapas servidas durante estes días. “Ao longo da primeira semana un primeiro xurado, composto por Félix Martinez, da Escola de Hostalaría de Tapia, e Carlos Pérez, da Escola de Hostalaría de Foz, escolleron un total de 10 tapas finalistas”. Na categoría de Tapa Doce, o premio foi para Xeado artesán de queixo do Cebreiro do Parador de Turismo. E como tapa + Sostible o premio foi para Terra, mar e lume de El Oviedo. Tamén houbo unha mención especial para o Kalpa Amodiño por ser a máis atrevida.

As finalistas foron Fishn’t chips do Kalpa Amodiño Taberna Gastronómica, Somos a horta do Hotel A.G. Porcillán, Homenaxe ao cantábrico do Restaurante Marinero, O mar na nosa casa do Rincón do Gordo Cesta sorpresa do Araucaria e Da miña terra na categoría de Tapa Doce, do Cayo Coco. Agora queda agora por coñecerse o premio á mellor tapa do público.

Formaron parte do xurado profesional Sindo Pose e Marta Ventura, ambos representantes da primeira xeración de Argentinos Burguers que foron seleccionado neste 2024 como mellor hamburguesa do Estado; Ana Martínez e Héctor González, en representación das Escolas de Hostalería de Foz e de Tapia respectivamente e Elio Fernández Peláez do restaurante El Ferpel Gastronómico.

0.062759876251221