Ribadeo dá a coñecer a creación máis votada polo público no seu concurso de tapas
A Homenaxe ao Cantábrico, do Restaurante Marinero, foi elixida polo público como a mellor creación do pasado Ribadeo de Tapeo. No concurso gastronómico foron servidas máis de 24.000 tapas, segundo os datos dados a coñocer hoxe, venres, pola concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz. “Un dos concursos máis antigos da nosa comunidade puxo o broche final o pasado 28 de abril no que se declararon gañadores do xurado profesional as tapas dos establecementos Parador de Turismo, Ramonita e El Oviedo e unha mención especial á taberna Kalpa Amodiño”.
Quedaba pendente por coñecerse o premio do público. Para poder votar as persoas consumidoras tiñan que ter degustado como mínimo 5 tapas e podíase votar tanto a través dos cartóns selados como a través da aplicación. Saiz declarou que “unha vez recompilados todos os votos a tapa que recibiu un maior número foi a do establecemento restaurante Marinero pola súa creación Homenaxe ao Cantábrico”.
Desde o Concello felicitan de novo aos establecementos gañadores e destacamos o traballo e esforzo realizado durante os días de celebración do evento no que se estima foron servidas máis de 24.000 tapas. “Trátase dun novo éxito para este concurso gastronómico tan lonxevo”. E engadiu que “a entrega de premios aos establecementos gañadores levárase a cabo do día 21 de maio ás 17.00 horas no salón de plenos do Concello de Ribadeo, onde tamén se desenvolverá a entrega de premios aos que optan as persoas consumidoras”.