Ribadeo convocou outras 5 prazas de socorristas acuáticos
AMariñaXa
O Concello de Ribadeo convocou outras 5 prazas de socorristas acuáticos para as praias a xornada completa, que se incorporarán o día 16
2 Xul 2021
O Concello de Ribadeo convocou outras 5 prazas de socorristas acuáticos para as praias a xornada completa, que se incorporarán o día 16 deste mes.
Os aspirantes teñen que ter a titulación de ESO, Graduado Escolar ou un equivalente ou superior. Ademais deben estar en posesión do título oficial de socorrista acuático con licenza anual renovada e a inscrición no Rexistro Oficial de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Os interesados deberán presentar a solicitude no rexistro xeral de documentos do Concello de Ribadeo. O prazo remata ás 14 horas do 8 de xullo.
As probas realizaranse o día 12 deste mes ás 10:00 horas na piscina municipal de Ribadeo.