Ribadeo contará cun novo policía local o vindeiro mes de xuño

AMariñaXa
Ribadeo contará cun novo policía local o vindeiro mes de xuño, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez.
2 Mar 2023

Ribadeo contará cun novo policía local o vindeiro mes de xuño, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor explicou que “Alberto Prieto Pardol pasará a formar parte da Policía Local de Ribadeo, en prácticas. Agora ten que ir á Academia Galega de Seguridade completar os cursos obrigatorio de formación. Contamos que se incorpore o 24 de xuño prestar os seus servizos na nosa vila”.

Suárez Barcia engadiu que “deste xeito cubrimos a praza dun profesional que se xubilou nos últimos meses”.

0.084846019744873