Ribadeo contará con dous novos puntos limpos de proximidade

AMariñaXa
Ribadeo contará con dous novos puntos limpos de proximidade. Un dos novos, que será fixo, situarase en Rinlo e o outro será móbil
Ribadeo  instalacion puntos limpos proximidade
9 Feb 2022

O Concello de Ribadeo ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, procedente de fondos europeos, para a instalación de dous novos puntos limpos de proximidade, que se unirán aos tres xa colocados hai algún tempo no parque e nas avenidas Rosalía de Castro e Rafael Fernández Cardoso.

Un dos novos, que será fixo, situarase en Rinlo e o outro, que contará cunha plataforma móbil, destinarase ás demais parroquias ribadenses, a onde se desprazará de xeito itinerante. 

Suporán un orzamento duns 15.000 euros e este importe será para subvencionar ata o 90% e o restante máis o IVE correría a cargo do Concello. 

Con este servizo refórzase un pouco máis todos os servizos que hai no punto limpo fixo, como pode ser a recollida de enseres, e que son tan importantes para a veciñanza, para o coidado do medio ambiente e para coidar a vila e as parroquias do concello de Ribadeo.

0.21474695205688