Ribadeo conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano con manifesto e concentración

AMariñaXa
A edil de Benestar Social e representantes do pobo xitano reivindicaron a igualdade, a inclusión e a riqueza cultural do colectivo
Día-pobo-xitano-Ribadeo-2026
9 Apr 2026

Ribadeo celebrou o Día Internacional do Pobo Xitano cun acto diante da Casa do Concello que incluíu a lectura dun manifesto e unha concentración cidadá. A edil de Benestar Social, Elena Sierra, encargouse de ler o texto no que destacou a importancia de conmemorar a identidade cultural do pobo xitano e a súa contribución á sociedade.

A concelleira subliñou que continuarán traballando para fomentar unha sociedade máis xusta e inclusiva, na que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos, e renovou o compromiso municipal coa convivencia, o respecto e a diversidade, valores que fortalecen a comunidade de Ribadeo. Tamén expresou palabras de agradecemento ao pobo xitano “pola súa historia, a súa cultura e o seu presente”.

Pola súa banda, Elías, en representación do pobo xitano de Ribadeo, asegurou sentirse plenamente integrado na vila, onde moitos traballan incluso en postos de responsabilidade, e agradeceu ao Concello a iniciativa de celebrar xuntos esta xornada. O alcalde, Dani Vega, tamén se dirixiu aos asistentes para felicitalos e recoñecer o seu labor e integración no municipio.

A conmemoración completouse cunha actuación musical que incluiu canto e música tradicional, enriquecendo a celebración e resaltando a riqueza cultural do pobo xitano en Ribadeo.

0.12934589385986