Ribadeo conmemora o Día do Orgullo

AMariñaXa
“Ribadeo é un exemplo de convivencia e aceptación e queremos que todas as persoas se sintan benvidas e valoradas", sinala Begoña Sanjurjo
Xuntos-no-Orgullo-Ribadeo
28 Xuño 2024

A bandeira LGTBIQ+ colga do balcón do Pazo de Ibáñez. A Corporación Municipal comezou así a conmemoración deste 28 de xuño. A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, sinalaba que “Ribadeo é un exemplo de convivencia e aceptación e queremos que todas as persoas se sintan benvidas e valoradas. Desde o Concello animamos a todos os cidadáns e visitantes a participar nas actividades que se desenvolveran no parque de San Francisco, demostrando así que a nosa vila é un lugar inclusivo e orgulloso da diversidade”.

Ás 21.00 horas no Parque San Francisco, presentarase Feitas ao Sisel: Espectáculo Poético Musical, baseado na obra gañadora do XVII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, da autora Diana Kurich. E ás 21.30 horas haberá unha festa con discoteca móbil. Por outra banda, “o sector servizos de Ribadeo tamén nos está axudando a difundir o número 028 contra a LGTBIfobia. Agradecemos ao profesorado e ao alumnado do obradoiro por axudarnos coa ambientación do espazo. Vide desfrutar dun Ribadeo orgulloso”.

0.16321086883545