Ribadeo cobrará máis de 12.000 euros polos caixeiros e expendedoras

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo vén de iniciar o procedemento de recadación de taxas sobre caixeiros automáticos e máquinas expendedoras de produtos para o exercicio 2019.
23 Sep 2019

O Concello de Ribadeo vén de iniciar o procedemento de recadación de taxas sobre caixeiros automáticos e máquinas expendedoras de produtos para o exercicio 2019.

O período de pagamento voluntario é o comprendido entre o pasado 16 de setembro e o vindeiro 15 de novembro de 2019, ambos incluídos.

Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso, en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de mora e dos recargos, procedéndose á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no regulamento xeral de recadación.

O Concello de Ribadeo ten previsto recadar por este concepto a cantidade de 12.085 euros, segundo se ven de publicar a través dun Bando asinado polo alcalde, Fernando Suárez Barcia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17483901977539