Ribadeo celebra o San Roque con desfile de cabezudos, sesión vermú e verbena

AMariñaXa
A partir das 11.00 horas os veciños e visitantes poderán gozar da saída dos Cocos e Cabezudos acompañados pola música do grupo de gaitas Illa Pancha
Banda-Municipal-de-Música-de-Ribadeo-concerto-do-Día-da-Patria
15 Ago 2024

Ribadeo celebra o San Roque este venres día 16. A partir das 11.00 horas os veciños e visitantes poderán gozar da saída dos Cocos e Cabezudos acompañados pola música do grupo de gaitas Illa Pancha. A partir das 12.00 horas terá lugar a misa solemne, seguida da procesión e do concerto da Banda Municipal de Ribadeo. O programa continúa coa sesión vermú da man do Dúo Venus. Xa á noite, a partir das 22.30 terá lugar a verbena amenizada polo dúo Venus e o grupo Fénix, mentres que Litainer será o encargado de poñer o punto e final á xornada.

san roque ribadeo
0.19330310821533