Ribadeo celebra o I Encontro Día do Xubilado

AMariñaXa
O evento terá lugar na explanada da lonxa, no porto, onde os asistentes poderán desfrutar da gastronomía e da música
Cartel-Encontro-Xubilado-Ribadeo
3 sep 2024

Ribadeo acollerá o próximo 28 de setembro o I Encontro Día do Xubilado, segundo anunciou a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. O evento terá lugar na explanada da lonxa, no porto, onde os asistentes poderán desfrutar dunha comida servida por Chao dos Navais, cun prezo de 15 euros por persoa.

As entradas para participar no encontro estarán dispoñibles no auditorio municipal e nos Servizos Sociais ata o 13 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Para facilitar a asistencia, organizaranse servizos de autobuses que percorrerán as parroquias, tanto pola zona interior como pola costa, co obxectivo de garantir que todos os xubilados empadroados en Ribadeo poidan acudir de forma cómoda e segura.

O evento estará amenizado pola música de A Roda e Ángel América, creando un ambiente festivo para gozar dun sábado agradable en compañía de amigos e veciños. Elena Sierra anima a toda a veciñanza a participar nesta xornada especial.

Cartel Encontro Xubilado Ribadeo
0.096497058868408