Ribadeo celebra o Día do Mercado cun concerto de acordeóns

AMariñaXa
O programa de Alimentos con Superpoderes continúa avanzando nas súas actividades, tamén haberá nesta xornada un picoteo de produtos da praza
dia_do_mercado-ribadeo
Cartel da iniciativa
24 May 2024

Ribadeo celebra este sábado o Día do Mercado cun concerto de acordeóns da EMMeD e cun picoteo de produtos da praza. A concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, contou que “o programa de Alimentos con Superpoderes continúa avanzando nas súas actividades, nesta ocasión tocoulle á Mostra itinerante de Alimentos con Superpoderes: Come, Actúa, Impacta, que pretende sensibilizar dos súper poderes da alimentación de proximidade así como dar a coñecer como podemos mellorar o noso impacto no territorio a través da alimentación”.

Esta mostra, que pretende percorrer todos os centros educativos, comezou a súa andaina na Praza de Abastos, onde se está a visitar desde o 21 ao 25 de maio, para logo continuar neste curso polo CPR Sagrado Corazón e proseguir no CEIP Gregorio Sanz. Coincidirá no tempo coa campaña Quere o teu Mercado, que se organiza en colaboración coa Xunta de Galicia.

A concelleira de Comercio engadiu que “ademais durante esta semana os diferentes coles realizaron visitas guiadas á Praza de Abastos, e os praceiros e praceiras reparten boletos para un sorteo" que terá lugar este sábado.

0.17291879653931