Ribadeo celebra o Día da Xuventude con música, gastronomía e arte
O parque de San Francisco acollerá este domingo, día 2 de xuño, pola tarde -de 16.00 a 21.00 horas- o Día da Xuventude, que organiza a Xunta de Galicia. O Día de Xuventude é un programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que está dirixido á mocidade de 12 a 35 anos.
Tamén conta cun espazo de construcións, para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Ao longo da tarde haberá gastronomía saudable, lecer educativo, concienciación ambiental, expresión artística, educación en igualdade de xénero e dinamización do entorno, entre outras actividades. O Día da Xuventude en Ribadeo concluirá coa actuación de Festra ás 20.30 horas.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, anima a picaros e mozos “a achegarse ao parque de San Francisco para gozar da ampla programación deseñada para a ocasión pola Xunta de Galicia, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo”.