Ribadeo celebra as Noites de Skate ata o 15 de setembro

O Skatepark de Ribadeo convértese este verán nun punto de encontro para a mocidade coa celebración das Noites de Skate, unha proposta organizada por Aloha Escuela de Skate que se prolongará ata o 15 de setembro. As sesións desenvolveranse en horario nocturno, de 21.00 a 23.00 horas, cun custo de 5 euros por participante.
As persoas interesadas en sumarse a esta actividade poden formalizar a súa inscrición a través do teléfono 622 56 78 08, segundo informou a organización.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, destacou que esta é unha nova mostra da diversidade de propostas que se están a ofrecer no municipio ao longo do verán. “Seguen en Ribadeo as actividades para a nosa mocidade, organizadas polo Concello ou por empresas, como é este caso, coa nosa colaboración. O obxectivo é ofrecer diferentes alternativas e propostas para aproveitar ao máximo o verán”, apuntou.